In The Corner 20 de setembro de 2024

Programa: 
A Bancada

Novo episodio de In The Corner, analizando as terceiras xornadas do fútbol galego en categorías estatais e segunda na Primeira autonómica. Como destaque, a rolda de prensa de Kevin Cabado, director deportivo do Deportivo feminino, falando das fichaxes, os obxectivos, o límite salarial e a política de cesións: "Tiñamos moi claro cara onde iamos. Fixemos oito incorporacións (...) de perfís moi diferentes”.

O Sárdoma - Deportivo B é un dos partidos máis importantes que se xogarán no noso territorio esta fin de semana. Entrevistamos a Judit, do cadro vigués, que na actualidade comparte a cabeza da táboa de goleadoras con outras tres futbolistas. Valorou ao rival, as dificultades dos equipos modestos e o obxectivo do club: “Loitaremos polo ascenso”.

No fútbol Autonómico, o derbi entre Umia e o líder, Boiro, trouxo aos micros a Mila Fernández, directora deportiva do cadro barbanzán, que ademais de pendurar as botas dúas veces na parte baixa da parede, para volver a poñelas, falou do seu novo rol e do club e dun hipotético ascenso: “Temos un bo grupo de xogadoras, na xunta directiva non falamos da posibilidade de ascenso”.