ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Raquel, a central do Deportivo, que cumpre a súa cuarta campaña no cadro herculino, abriu o programa coa súa comparecencia xeral para valorar o empate no Di Stéfano e o partido contra o Costa Adeje. “Sabemos lo competitiva que es esta Liga”. De cara ao partido contra o Costa Adeje houbo lembranza sobre a ida: “A partir dese partido evoluímos moito (...) temos moitas gañas de enfrontarnos a eles. Son un equipo con moita experiencia e un modelo de xogo claro, con cada xogadora que aporta as súas características. Friol e Bovedana crúzanse por primeira vez logo que os segundos denunciaran o pertinaz incumprimento de Covi Regueiro en canto á súa inhabilitación de conco anos: “Pensamos que o descaro de Covi non ía chegar a ese nivel”, comenta Paco Jiménez, dirixente do club zamorano, que explica como foi procedemento da denuncia. O partido na Reigosa, ás tres da tarde, é o segundo na historia peluquera con ese horario na casa.
Logo da análise de Moi Campos sobre a apaixonante Primeira Galega, falamos con Minerva Bóveda, futbolista do Umia, que nos conta cousas sobre a súa traxectoria: “Marchei do Arousana ao Umia para ter opcións de xogar en Primeira Nacional”.