ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

O episodio dá protagonismo a Fran Alonso, técnico do Deportivo. O equipo galego de Primeira quebrou as sete xornadas sen gañar anotándose o partido contra o Levante UD, que para Fan Alonso era unha final. Tamén foi unha xornada importante para At. Villalonga. Un punto en oito xornadas representaba un dato terrible, que comezou a corrixirse co triunfo no campo do Bizkerre. Romina Dadín falou deste proceso, do partido e do que pode ser o do Burgos. Mentres, o Celta mantén o liderado e o Deportivo B non puido axudar ás celestes tras perder en Mabegondo contra o Athletic B. Para falar da Terceira tivemos no estudio a Marta Cascón, terceira mellor anotadora do grupo, que abriu o partido no que o seu Victoria superou ao Orzán no derbi coruñés. O conxunto capitalino leva dúas vitorias de prestixio e a goleadora nos fala desa mudanza. Tamén contamos coas palabras de Arturo Fernández, que nos fala do Domaio e de Chivi García, director deportivo do Victoria de Samtiago. Domaio e Victoria enfrontáronse hai dúas xornadas e o primeiro reclamou aliñación indebida. Tamén abordamos a reclamación.
Foto: Fran Alonso. © R.C. Deportivo