In The Corner 21 de xaneiro de 2022

Programa: 
A Bancada

O In The Corner do 21 de xaneiro do 2022 analizou o Deportivo-Parquesol e, como protagonista do partido, entrevistou a Selina Álvarez Blanco, a colexiada designada, que será a primeira galega en dirixir un partido de Segunda División desde a reestruturación. En canto á Primeira Nacional, salientamos o partido das Relfas, entre Sárdoma e Umia. Para falar do mesmo estivo no programa Tania, a futbolista do cadro de Barrantes, que non poderá xogar por estar recuperándose dunha lesión con cirurxía. Logo das curiosidades, protagonozadas polo primeiro triunfo do Deportivo na Rioxa, o triunfo do Sárdoma sobre o Vitoria, na Coruña, case cinco anos despois, os acertos conxuntos das deportivistas Paula e Noela co equipo B e a imbatibilidade de Isabel (Viajes Interrías), Bárbara Grandal analizou a xornada nas dúas categorías autonímicas. No remate, motivado por un tema de total actualidade, entrevistamos a Maica Pazos e á súa filla, Mery Valcárcel, que acaba de obter a carta de liberdade do Friol tras moitos atrancos.