In The Corner 21 maio 2021

Programa: 
A Bancada

Os dous resultados positivos do Deportivo, a vitoria contra o Espanyol e o empate contra o At. Madrid, son motivo de esperanza e de comentario no In The Corner do 21 de maio. Os resultados alentan a un equipo fráxil para reforzarse na loita cara ao obxectivo final da permanencia, que comeza o domingo en Huelva. Friol e o seu futuro, logo do descenso a Primeira Nacional, foi outro tema a comentar. Un proxecto unipersonal, onde o bo e o malo leva o nome de Geluco Villar foi o enfoque deste día para falar da Segunda División. Quen pode estar nesa categoría en substitución das luguesas son o Victoria da Coruña ou o Viajes Interrías. As herculinas teñen un dos momentos transcendentes da temporada o próximo domingo, en La Cruz, fronte ao Gijón. Na parte da permanencia, nesta semana actualízase a Liga cos dous encontros adiados do Oceja. O domingo, contra o Victoria de Santiago en Santillana do Mar, onde as galegas poden sentenciar a permanenciam e o mércores, nas Relfas, nun partido no que o Sárdoma debería consolidar o liderado. As curiosidfades da xornada protagonizáronas o punto do Dépor ante as colchoneras, o segundo descenso na historia do Friol, a mellor xeira sen perder na historia do Victoria da Coruña, o primeiro gol de cabeza de Sara Pita e os póker goleadores de Laura, Estefanía e Tamy, na Segunda Autonómica. En canto ao fútbol autonómico, salientamos o Victoria B-Villestro, en Primeira, e o Mos B-Lóstrego, en Segunda. A convidada foi a actual futbolista do Narón, María Corral, que tamén falou do seu futuro e do recente pasado no fútbol universitario dos Estados Unidos. O programa fechouse co rock mundialista dos brasileiros Skank, no aporte cultural de Óscar Losada.