In The Corner 23 de xaneiro de 2026

Programa: 
A Bancada

No presente episodio analizamos unha parte da realidade deportiva do Deportivo, con esas carencias que se deixan ver na estrutura e as dificultades que teñen o primeiro equipo, sobre todo se perde o domingo en Logroño, o Deportivo B, que acaba de sufrir un troco na dirección técnica e está mergullado nunha crise, e o Orzán.

Aproveitando a folga competitiva, falamos con Álex (Lóstrego) da Terceira Federación, dos seus máis de mil minutos en Primeira con El Olivo, do seu vínculo futbolístico a Gabi Couñago desde o Valladares ao Lóstrego e tamén do partidazo que xogaron na pasada xornada contra o Victoria de Santiago. Son a revelación da temporada e xunto ao Celta B e o Victoria da Coruña, aspirantes a xogar a fase de ascenso como corolario da temporada.

No estudio, para falar de todo, estivo Marta Cascón, case unha colaboradora do programa, que vive a súa mellor campaña goleadora no fútbol estatal logo de abrir a lata no partido contra o Boiro facendo o seu sexto gol ligueiro.



Foto: Álex. © Arquivo Álex Pichel