In The Corner 24 de setembro de 2021

Programa: 
A Bancada

Pere Tobaruela, ou a fina liña que hai entre a vitoria e a derrota. O técnico do Villestro diseccionounos a tipoloxía de equipos do grupo I de Primeira Nacional, segundo as súas condicións económicas, o volume da base e a filosofía de club, o seu concepto do híbrido e os que teñen que adaptarse á competición sen case poder escoller opcións. Ademais, aproveitamos para preguntarlle polas expectativas cara o encontro da xornada catro, no que terá que verse ás caras contra o Versalles, na Barrosa. Comentamos varias das curiosidades da semana, que tiveron como protagonistas as vitorias do Friol sobre o Victoria da Coruña, os peores comezos de campionato do Victoria de Santiago e do propio Villestro, a deportividade do Sárdoma e do Victoria compostelán, a efectividade das friolenses Ali e Naza, e o terceiro 4-5 na historia da Terceira, logo do resultado entre Umia e Sárdoma, Por último, inauguramos sección: “Imos á escola”, na que presentaremos intermitentemente as distintas escolas que existen no fútbol feminino galego. Para o inicio falamos con Mario Gómez, presidente do EEF Rosalía, o único club de fútbol na provincia de Ourense, a zona cero do futfem galego.