In The Corner 24 de xaneiro de 2024

Programa: 
A Bancada

Só o Deportivo xoga esta fin de semana entre os representantes galegos no fútbol estatal. Será na Luis del Sol, contra o Betis, con ambos loitando por afastarse do descenso. Alén disto, a protagonista principal da primeira parte do programa foi Joana Montouto, que se acaba de reenganchar ao fútbol no U. Campestre de Montrove, Aproveitamos para lembrar a súa brillante carreira, que inclúe as primeiras divisións españolas e portuguesa. Logo de tocar o ceo, a futbolista confesa no programa que non todo foi marabilloso, nunha testemuña que pode axudar a máis futbolistas que pasaran polo seu calvario: “Cando volvín do Espanyol tiña medo de explicar o por que”.

A última parte do programa deu protagonismo ao fútbol de Primeira Galega, onde coa participación de Moi Campos establecemos unha pequena tertulia con Antía González, goleadora do Boiro, e Natalia Veiga, defensa circunstancial do Val, representantes dos dous aspirantes ao ascenso logo do Celta B e o Orzán.