In The Corner 25 de abril de 2025

Programa: 
A Bancada

Coincidindo co aniversario da Revolução dos Cravos” tivemos a Cristina, a capitá do Deportivo, que revolucionou as noticias desta semana no futfem galego co marabilloso comunicado de que vai ser nai: “Desde o comezo, a resposta do club foi incrible. Queren que estea con eles de cara a futuros casos e a miña intención é seguir apoiando ás compañeiras para conseguir o obxectivo”. O Celta-O. León vai ser un dos partidos que estará no foco da fin de semana, As olívicas teñen que gañar se queren seguir mantendo a opción do ascenso directo. Vicky Vázquez, técnica das celestes, falou das chaves do partido: “Están na ambición que imos ter, estando moi pendentes dos seus puntos fortes e dos débiles, pero a ambición por riba de todo”. Baixando un chanzo, o Tomiño pode seguir o camiño do Boiro e o O Val para estrearse na próxima campaña no fútbol estatal. O partido contra as valexas pode definir ese inminente futuro de xeito inmediato. Bruno González, técnico das do Baixo Miño, falou do partido: “Queremos facer un gran partido, gañar diante da nosa xente, é un partido superespecial para nós e superemotivo”.