In The Corner 25 de marzo de 2022

Programa: 
A Bancada

A crise do Deportivo ocupou o espazo da primeira parte do programa. Nunca puido imaxinarse que nun club profesional como o herculino puidera estourar unha bomba como a que estourou na semana, na que todo debería centrarse nun dos partidos máis importantes do ano.

A Primeira Nacional volveuse emocionante na súa parte alta. Na pasada semana, o triunfo do Mos en Mareo deixa ao cadro galego afastado do dobre descenso a Primeira Autonómica e dá chance ao Victoria de Santiago, que deberá recurtar sete puntos coas sportinguistas para librar o dobre descenso. Entrevistamos á mosense Lucía Bouzón, quen personalizou o triunfo do seu equipo en Asturias con dous goles nos primeiros cinco minutos.

Na Primeira Galega comezaron as fases de ascenso e permanencia, mentres que a Segunda enfía a recta final nos seis grupos, que darán os 24 que participarán na fase de ascenso.

O programa fechouse cunha entrevista con Andrea Seijo, unha das mellores fisioterapeutas deportivas galegas, que abordou a súa perspectiva de que nin moito menos podémonos quedar en exclusiva con eses factores biolóxicos, dos que tanto se está a falar, como os únicos determinantes nas lesións das mulleres, deses outros factores que están condicionando as súas lesións, incluído o estrés como circunstancia lesional, e ferramentas que poden ser útiles para controlalos nos distintos momentos da temporada.