ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

O episodio comeza cunha extensa introdución sobre a dilación da RFGF para establecer un plan competicional nas categorías de base a tres semanas do pretendido comezo desas ligas. Logo, ao tempo de abordar a actualidade dos nosos equipos, incluímos a comparecencia ante os medios de Alberto Rodríguez, técnico do Deportivo. O remate, tras presentar a nova xornada de Terceira Federación, foi unha entrevista con Mario Gómez, presidente do Rosalía, que acaba de cumprir 200 partidos oficiais e afronta un choque contra o Boiro con varias anécdotas históricas e estatísticas. Foto: Mario Gómez (Esc. F. Fem. Rosalía). © Esc. F. Fem. Rosalía