In The Corner 25 xuño 2021

Programa: 
A Bancada
Laura Cetina.Revista do Fútbol Feminino Galego

A edición número 19 do programa In The Corner fíxose eco das declaracións de Manu Sánchez nada máis consumar o descenso do seu equipo tras perder contra o Betis na Rinconada: “Non son o mellor técnico; pero son o mellor técnico para este proxecto”. Igualmente, comentouse o caos organizativo nas competicións femininas de final de temporada, un ano máis. O programa tivo nove protagonistas. A primeira foi Laura Cetina, coa que analizamos a eliminación do Victoria fronte ao Betis B e falamos do seu futuro nos Estados Unidos. O resto do programa estivo dedicado aos decisivos partidos da fin de semana. Na Primeira Galega, Pere Tobaruela (Villestro) e Sindo Gómez (Matamá), falaron das claves que poden definir a eliminatoria que enfrontará a ambos na Barrosa. Despois foron Xoaquín Blanco (Lugo) e Jesús Melendo (Antas), que falaron dun apaixonante derbi por un lugar na final da categoría. A Segunda Autonómica resolverá os seus dous ascensos noutro apaixonante par de partidos a celebrar o domingo en campo neutral. René Díaz (Bergantiños) e Aidi Dasilva (Bueu) xogaron o partido de dez minutos, en forma de comentarios, como antesala do que os seus dous clubs viviran ese día. Pola súa banda, Gabi Couñago (Lóstrego) e Sandra Diz (Umia B), fixeron o propio. Así, In The Corner foi a sede virtual dos catro partidos que acaparan a atención do venres e do domingo. Os gañadores das semifinais de Primeira Galega veranse as caras o domingo, en campo neutral, para ver quen será o equipo de Primeira Nacional 2021/22. Os gañadores de semifinais de Segunda Galega serán novos equipos de Primeira Galega na vindeira temporada.