In The Corner 26 de novembro de 2021

Programa: 
A Bancada

Ángel Rodríguez Cibes colleu ao Villestro coa campaña iniciada. O equipo continúa instalado na última praza do grupo I de Primeira Nacional e sen puntos, aínda que con goles. O técnico achega aos ouvintes o presente do club e as súas expectativas cara ao paso do ecuador da competición. Pere Tobaruela é o novo colaborador do programa para o apartado do fútbol estatal. Con el coñecemos as chaves do triunfo do Deportivo sobre o Oviedo Moderno, na pasada xornada, unha visión do xogo dos nosos equipos de Primeira Nacional e a explicación a un aspecto táctico do fútbol que lle resultou interesante na pasada fin de semana. Bárbara Grandal fai o repaso semanal ao fútbol autonómico, rematando cunhas consideracións sobre a retención de licenzas, dado o impacto que están provocando, tanto nos medios de comunicación como nas redes sociais, as denuncias de xogadoras retidas por Friol e Amio. Maika Pazos, nai de Mery Valcarce, a quen o cadro presidido por Geluco Villar non lle dá a baixa para poder fichar polo Lugo, e Montse Mella, en representación directa e doutras tres compañeiras, retidas polo Amio, falaron nos micrófonos de In The Corner. O programa fechou cunha chamada aos Estados Unidos para falar con Laura Cetina, que acaba de gañar co seu College o título nacional da NJCAA, competición na que foi designada MVP da final e mellor atacante de toda a competición.