ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Vera compareceu para anunciar a súa renovación de contrato co Deportivo até 2026 e falar do partido contra o Athletic: “Sinto o club como se fose a miña casa”. Baixando dous chanzos, Mery estivo no programa tras reaparecer co At. Villalonga máis dun ano despois da súa lesión: “O fútbol é o que me fai gozar. Unha vez que volvín coas miñas compañeiras sentinme moi feliz en todos os ambientes”. Ana Iglesias (Lóstrego) está no seu mellor ano como xogadora. Os seus dez goles e a participación en todos os partidos do equipo avalan a afirmación: “Este ano estou tendo moitísima sorte coas lesións. Coidei moito máis a miña alimentación e teño que agradecer a Sergio, o preparador físico, o traballo que fai que esta tempada síntame mellor”.
Xunto a análise da xornada de Primeira Galega de Mopi Campos entrevistamos a Sergio Cao, delegado do Sp. Cambre, logo que tamén o seu equipo se meta na pelexa por un posible ascenso despois de derrotar ao At. San Pedro en Iñás: “Foi un triunfo traballado. O San Pedro é un equipazo e nós non chegamos en moi boas condicións. Necesitabamos os puntos para pegar un salto na clasificación”.