ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Fran Alonso explica a derrota do Deportivo en Sevilla e fala da detención da competición ligueira pola final da Liga das Nacións entre Alemaña e España. Unha das futbolistas con máis historia na nosa Terceira Federación é Luci Fernández. Con ela falamos da súa traxectoria, da situación do Domaio e dun conflito que está a vivir co At. Villalonga e que espera resolver. Tamén falamos con Marian Otamendi, de World Football Summit por unha homenaxe a Irene González que ten lugar nestas semanas en Madrid. No estudo está Raúl Martos, técnico do Bergantiños, que está a ser a revelación no grupo galego do cuarto chanzo do fútbol español.
Foto: Raúl Martos. © In The Corner