In The Corner 28 de xaneiro de 2022

Programa: 
Sonsdenós

Moitas cousas pasaron nesta semana no fútbol feminino estatal. As mudanzas na dirección na RFEF, coa galega Yolanda Parga á fronte das árbitras, as competicións copeiras, a situación no grupo norte da Segunda División logo da derradeira xornada e o que pode vir, os adiamentos no grupo I da Primeira Nacional e o condicionamento da competición. Na sección “As emigradas” falamos con Andrea Mirón, na actualidade no Torreense, competindo na elite do fútbol portugués. Na parte final, logo dunha breve análise sobre o fútbol autonómico, fechamos o programa recuperando a inacabada entrevista do programa anterior, con Maica Pazos e Mery Valcárcel que nos contan o longo e duro proceso que lles supuxo que o Friol lles dera a carta de liberdade.