In The Corner 28 maio 2021

Programa: 
A Bancada

O último In The Corner de maio dedicou especial atención á Primeira Nacional, que este domingo terá dous partidos decisivos, para o Victoria da Coruña e o Viajes Interrías. Un ou outro estarán na eliminatoria de ascenso a Segunda Division. O programa comezou cunha reivindicación polo cambio na formulación da fase de ascenso, na que os clubs canarios saen case sempre beneficiados, con algo tan simple como que se amplíe a oito grupos a competición no terceiro chanzo do fútbol español. Como protagonistas estiveron María Nogueira, autora dos dous últimos goles gañadores das herculinas, a xornalista Maria Suàrez que nos diseccionou si Oviedo B, rival das de Sanxenxo, e Luis Treviño, técnico deste equipo pontevedrés.