ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

O In The Corner desta semana tivo como epicentro ás porteiras de dous equipos líderes, Paula Mengual, a barcelonesa que pasa o seu primeiro ano lonxe da casa para defender as cores do Viajes Interrías, e Albita Rodríguez, quen compartindo a posición con Pilar, fan que o Lóstrego sexa o único equipo de Primeira Galega que non apañou goles. E se o comezo e o remate do programa foi con xogadoras que están gozando dun ano existoso, a parte central valeu para entrevistar a Ánxela Torres, a capitá do Victoria de Santiago, que analizou as razóns que colocan ao seu equipo nun dos dous lugares de descenso de Primeira Nacional. No programa paramos a radiografiar aspectos do xogo e o plantel do Logroño, próximo rival do Deportivo, na Segunda División, e a totalidade da xornada de Primeira Nacional, que nesta fin de semana ofrece duelos interesantísimos, que van marcar os obxectivos definitivos de varios equipos. Nas curiosidades nomeamos a Irene Rial, do Lóstrego, ás súas compañeiras Albita e Pilar, á experimentada Tomy, agora no Tomiño, a Irene Pesqueira, do Viajes Interrías B e o 24-0 do Umia B ao Arousa F-7. O programa contou coa análise e reflexión de Bárbara Grandal, a nosa especialista en fútbol autonómico, en relación ao que está acontecendo nas dúas competicións.