In The Corner 3 de decembro de 2021

Programa: 
A Bancada

Abrimos o derradeiro mes do 2021 cun In The Corner que tivo a Ángel Cibes e Chivi García para falar do primeiro derbi compostelán na historia do fútbol feminino estatal. Os dous técnicos contáronnos sobre os seus problemas para organizar as sesións semanais de traballo. Pere Tobaruela ampliou a súa visión do derbi, coñecedor das dúas institucións compostelás, tróuxonos a súa valoración da pasada xornada e o que pode ser a desta fin de semana para os nosos equipos, e presentounos un novo concepto técnico-táctico. Barbara Grandal falounos do fútbol autonómico, nunha sección na que entrevistamos a Laura Raña, xogadora e unha das 30 representantes do estamento de xogadores/as dentro da Asemblea da RFGF, que falou do compromiso que deben asumir as institucións para modificar as normativas que impiden que unha, ou un, futbolista amateur poda xogar de acordo aos seus intereses, alén de estaren limitados por fórmulas lexitimadas no fútbol, que non noutros deportes, e que poden ser contrarios ao propio espírito da normativa. Rematamos coa sección de fútbol e cultura, na que Óscar Losada centrouse na figura de Alexia Putellas, premiada esta semana co Balón de Ouro. Arredor da figura da futbolista catalá, Losada achegounos á serie Campioas, que acaba de estrearse, e da canción “Alexia”, dedicada a ela, polo grupo brasileiro Skank.