ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

No último episodio de maio comentamos brevemente o triunfo de Mariona Caldentey e do Arsenal na Copa de Europa. No fútbol estatal hai a mención do retorno do Logroño á elite. O feche de temporada para os cadros galegos máis importantes pono o I Trofeo Por Ellas, un triangular internacional entre o Sárdoma, Deportivo B e Merelinense.
No referente ao fútbol máis modesto, a atención céntrase na Liga da Segunda Autonómica. Eloy García levou o temón do Xallas, líder do grupo I e principal referente da Costa da Morte, excluíndo ao Bergantiños: “O Bergantiños compite nas competicións da Coruña e renegan de xogar as nosas. Foron a referencia e nós temos que escribir a nosa historia. Agora nós somos o equipo punteiro da Costa da Morte e a referencia a seguir. Espero que o club nos apoie e comparta a ambición do proxecto que quere o corpo técnico”.
Tamén falou Alba Rodríguez, técnica do Arenteiro, segundo do grupo II, que nos levou da man nun recorrido pola historia do fútbol feminino ourensán, ademais de analizar a competición e o proxecto do club de Carballiño: “Nestes tres anos conseguimos un plantel moi competitivo. Estar en tres anos en Primeira Galega paréceme un logro. Mirar cara arriba paréceme marabilloso, pero temos que facer que a palabra “equipo” sexa de verdade e a partir de aí, se veñen as vitorias, benvidas sexan”.
Rematamos mencionando os partidos nos que se xogan ascensos nos grupos de Terceira Galega, así como a final do campionato cadete.