In The Corner 31 de xaneiro de 2025

Programa: 
A Bancada

Valorouse a dobre vitoria do Deportivo enm Prtimeira, algo que non acontecía desde outubro de 2020, analizamos a pasada xornada en Terceira, coas curiosidades dos goles en propia porta e tivemos como convidada a Romina Dadín, nova técnica do At. Villalonga: “Tentaremos que o equipo teña máis ocasións de gol e un fútbol máis alegre”. No apartado de fútbol autonómico convidamos a Pere Tobaruela, co que xunto con Moi Campos fixemos un final de teruulia. Antes tamén falamos con el do seu éxito editorial da serie Formigas e do seu libro “Martiña e o balón”, relacionado co fútbol feminino.