ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

O episodio 103 de In The Corner aproveitou a folga no fútbol estatal para facer unha análise do que falta para rematar as competicións, centrándose fundamentalmente na Terceira Federación. Diego Rodríguez, Santi Viéitez, analistas habituais da categoría, xunto con Sara Gallego, da Radio Galega, e Pere Tobaruela, colaborador da sección de futfem no sitio muchacalidad,com, puxeron as súas voces autorizadas.
O fútbol autonómico non para e Moi Campos ofrécenos a súa valoración da xornada do domingo. O feche púxoo Navia Rendo, cunha entrevista aproveitando o seu retorno logo de marchar do Deportivo B e pasar case catro campañas xogando a fútbol sala. A futbolista do Calo volveu e anotou o gol do triunfo do seu equipo na pasada fin de semana.