In The Corner 4 Xuño 2021

Programa: 
A Bancada

Geluco Villar, presidente do Friol, foi o protagonista principal do programa 16 de In The Corner. Con el repasamos o descenso a Primeira Nacional do cadro lugués analizando factores como a mudanza de técnicos, a situación do plantel, das estranxeiras do equipo e o futuro da entidade. Tamén nos paramos no final de Liga do Deportivo, con tres últimas xornadas cheas de emoción e, brevemente, da eliminatoria de ascenso a Segunda entre o Victoria da Coruña é o Betis B. Logo das curiosidades da semana, o programa fechouno Pere Tobaruela, técnico do Villestro, que deu unha visión do que pode ser a segunda fase da categoria, que comeza esta fin de semana.