In The Corner 5 de xuño de 2026

Programa: 
A Bancada

Último episodio da temporada cheo de protagonistas. O centro do fútbol galego estatal é Pauleta, que foi convocada con Portugal aos partidos que as Navegadoras xogan contra Letonia e Finlandia. No programa explicamos como rexerán os ascensos e descensos na próxima temporada e a data do sorteo dos calendarios.

O foco da atención estivo na análise da eliminatoria polo ascenso a Terceira Federación entre At. San Pedro e Rosalía. Para elo entrevistamos a Sampi, do cadro das Burgas, e a Alba Martínez, do coruñés. Tamén estamos ante unha fin de semana con finais de Copas. En Vigo xogan Valladares e Lóstrego B, polo que falamos con Álvaro Gómez, técnico das segundas. Na de Ferrolterra estarán O Val B e Discalzas, Sobre ela falamos con Zeltia Pardo, un dos referentes do Discalzas e do fútbol feminino cedeirés. No estudio contamos coa colaboradora e xogadora do Victoria C.F., Marta Cascón, que foi reforzando as valoracións sobre cada un dos partidos tratados.

Até setembro!

Foto: Sampi © Canedo Visións / Esc. F. Fem. Rosalía