ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Laura Cetina é unha das xogadoras galegas máis importantes da Primeira Nacional. O seu equipo, Victoria C.F. da Coruña, está sendo a revelación. A mediocentro ofensiva, eclosionando no comezo da súa carreira (en marzo cumprirá 17 anos), estivo no primeiro programa de “In The Corner” respondendo ás nosas preguntas e algunhas consideracións, algunha ben simpática, do seu pai, da súa técnica, Cris Oreiro, e da súa ex compañeira de equipo, Tomy. Laura falounos de por que preferiu ficar no conxunto herculino rexeitando unha oferta da Juventus italiana. A xogadora comentou que o seu cambio ascendente nestes anos é normal grazas aos adestradores e ao Victoria en xeral”. En canto ao seu futuro inmediato, na Liga Universitaria dos Estados Unidos, onde xogará a partir da próxima temporada, a coruñesa manifestou que “é unha oportunidade que calquera persoa querería ter, afróntoa con moitas ganas, un pouco de medo, porque é a primeira vez que saio da casa, pero vou a facer algo me gusta, como xogar ao fútbol, e a complementalo cos estudos”, salientou. Igualmente, entende que os tres equipos que estarán na fase de clasificación para a fase de ascenso serán o propio Victoria, o Interrías e que a cuarta praza será disputada polo Deportivo B e o Victoria de Santiago.