ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Esta fin de semana comezan as ligas estatais de fútbol feminino. In The Corner centrouse na análise da mesma, desde o Deportivo-Barcelona até os oito encontros do grupo I de 3ª Federación. No apartado de fútbol estatal, onde contamos como convidadas estiveron a capitá do At. Villalonga, Cata Machado, que en relación ao papel do equipo aposta con valentía para esta campaña: “Todo o que fagamos será un fracaso se estamos por debaixo das tres primeiras”.
Tamén contamos con Mery Figueroa, un dos referentes do Celta, que de cara á estrea oficial en Balaídos mantén “xogar en Balaídos fai ter ese nerviosismo bo para que chegue o partido e comezar ben”.
Na parte final falamos da celebración dos quince anos do nacemento do Val feminino con Bárbara Grandal, na que estiveron Inma Castañón, Pili Neira e un vídeo de apoio de Lis Franco. O acto reivindicou tamén a creación da liga feminina veterana. Noutra orde, a dirixente valexa manifestou que “moitos equipos estamos en desacordo co novo formato que quere dárselle ás competicións”.
O programa, dirixido e presentado por Carlos Castro, ten como colaboradores a Diego Rodríguez (fútbol estatal) e Moi Campos (fútbol autonómico), con Xavier Fernández no control.