In The Corner 6 de xuño de 2025

Programa: 
A Bancada

Fechamos a temporada 2024/25 cun episodio dedicado á nova Terceira Federación. A desfeita provocada por Rubiales no fútbol feminino máis modesto, pero auspiciada por Louzán e os actuais, que aprovaron o proxecto villarista elaborado en 2015, terá consecuencias terribles, desde o punto de vista competicional, e para o fútbol galego tamén económico. A situación é analizada por Fran Simón, presidente do Gijón F. Fem., Luis Salgado, dirixente e técnico do Parquesol, Gabi Couñago, dirixente e técnico do Lóstrego, Bárbara Grandal, secretaria do Val, e Marta Cascón, xogadora do Victoria da Coruña. Diferentes sensibilidades, diferentes territorios, para unha conclusión: Louzán sabe que a reforma é un desastre, pero vai aproveitala para eliminar do fútbol estatal o cuarto chanzo do fútbol feminino, que non interesa tampouco desde o punto de vista económico á RFEF.

Tamén houbo espazo para as últimas competición e o anuncio de novidades nos bancos dos equipos galegos.