ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Na véspera do 8-M, o editorial foi dedicado á RFGF e o seu disfraz, nos últimos dias do entroido, co xogo simbólico da data. Protagonistas foron Fran Álvarez (Deportivo) e, na Terceira Federación, Vichy Vázquez (Celta) e Óscar Orro (Deportivo B), responsables nos bancos destes equipos ante o gran derbi do sábado en Balaídos: “Que se anime máis xente a vir ao partido porque seguramente vai ser moi bonito”, é a petición da treinadora local. “Xogar o derbi en Balaídos motívanos máis”, salientou o visitante desde o punto de vista emocional. Entrevista mos a María Jiménez, a malagueña do Victoria de Santiago. Sobre o partido contra o novo líder, O. León, afirmou: “Vamos a encontrarnos a un equipo moi contundente, bastante intenso, que nos vai poñer as cousas difíciles, pero creo que temos un grupo moi bo, que se non comete erros podemos plantarlles cara”.
No que atinxe ao fútbol autonómico, a entrevista foi con Luna Botana, a futbolista do Val que na pasada xornada volveu aos campos tras estar afastada logo da xornada 10. Ante o que pode ser o primeiro ascenso do Val ao fútbol estatal, a tamén técnica do cadete valexo dixo: “Creo que sería unha grande alegría para todas, pero hai que seguir pensando no que queda de Liga e loitar os partidos coma se foran finais para conseguir ese obxectivo”.
Os últimos minutos estiveron dedicados a salientar o éxito da selección sub’14 feminina, que xogará a semifinal do CESA contra o País Vasco, á que chega con 4 triunfos e 1 empate, 8 goles a prol e 0 en contra. As “guerreiras galaicas” marcan un novo teito no noso futfem.