In The Corner 8 de abril de 2022

Programa: 
A Bancada

Na previa da Semana Santa houbo un In The Corner de paixón, porque a semana non tivo desperdizo. Por primeira vez, case non se falou de partidos, nin de xogadoras. O epicentro foi a rolda de prensa de Miguel Llorente, readmitido como técnico do primeiro equipo feminino, logo da investigación interna de Abanca e o Deportivo. Diseccionada en nove cortes, escoitamos 16, dos 48 minutos, que durou a súa comparecencia do mércores. Carlos Castro e Pere Tobaruela analizaron cada punto. O programa rematou cunha entrevista a Amancio Varela, o responsable do fútbol feminino galego ao nivel federativo, co que falamos das seleccións, de proxectos, de igualdade, e da posibilidade que Louzán poda presentarse á súa segunda reelección, logo da modificación da Lei do Deporte Galego, que inhabilita para isto ás persoas que estean en débeda coa sociedade.