In The Corner 8 de maio de 2026

Programa: 
A Bancada

Comezamos o episodio semanal coas declaracións de Fran Alonso sobre o Athletic-Deportivo e a visión que o técnico branco e azul ten do equipo para o tranquilo remate da liga.

Alén diso, o programa centrouse no Victoria A Coruña-R. Zaragoza no que se decide o ascenso de galegas ou aragonesas á Segunda Federación. No estudio estivo Marta Cascón, dianteira victorista, e por teléfono Javi Angeriz, o técnico, dándonos as impresións da eliminatoria e dun dos partidos máis importantes na historia das coruñesas.

Tamén, só que desde outra perspectiva, falou Marcos Casal, técnico do Val, que salvaría ao equipo co ascenso das branco e negras.

Mudamos de asunto na parte final, onde Fran Doval deunos as súas impresións sobre o descenso do At. Villalonga, antes de fechar co anuncio do gran torneo xuvenil que se organiza en Portonovo, Sanxenxo e Noalla para o remate do mes.

Foto: Javi Angeriz (Victoria C.F.) © In The Corner