ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O episodio 84 do programa dedicado ao fútbol feminino galego falou da clasificación copeira do Deportivo, do novo partido das pupilas de Irene Ferreras fronte á R. Sociedad, no que milita a galega Lucía Pardo; da importancia das últimas vitorias do At. Villalonga e o novo partido contra o Oviedo, colíder, coa galega Ana Buceta nas súas filas. Canto á xornada do grupo I da Terceira Federación, deuse especial relevancia ao derbi vigués entre o Sárdoma e o Celta. Como convidada estivo Tati Cruz, centrocampista canaria das celestes: “No norte faise un fútbol de máis forza que en Canarias (...) Estou aquí para aportar todo o que me pida o equipo”. Non tanto como para falar do partido, e si da virada de costas do Concello de Vigo ao Sárdoma, falou Bego Aldao, a presidenta do cadro das Relfas, que nesta semana deixou un titular na prensa escrita: “Abocan al Sárdoma a desaparecer y alcalde y concejal serán responsables”. En calquera caso, nun exercicio absoluto de compromiso co fútbol feminino e co club, indicou que irá até o final coas súas xogadoras, das que fixo unha valoración extraordinaria ante a situación que vive o club. No apartado do fútbol autonómico, Moi Campos centrouse no derbi entre Sp. Cambre e At. San Pedro. Unha das protagonistas, Noe Naya, falou no programa: “Moitas comezamos con Óscar Barrientos, que é fundamental no equipo”.