In The Corner 9 de maio de 2025

Programa: 
A Bancada

As ligas chegan ao remate cos obxectivos cumpridos, ou por cumprir. O Deportivo xoga contra o Sevilla un encontro no que se gaña garante a permanencia. Millene dixo: “Estamos máis unidas ca nunca. É a maneira de conseguir o obxectivo”. O Celta celebrou o ascenso o pasado luns e aí están as declaracións de Lara, a capitá, dando por boa a súa lesión por conseguir o obxectivo, a de Vicky Vázquez, técnica, falando da “ambición do equipo” e da presidenta, Marian Mouriño, recoñecendo que Vicky será renovada.

O Sárdoma ten unha eliminatoria de ascenso contra o Betis B. Toni Martínez falou das características do rival, “con moitas xogadoras con máis de vinte goles, en dinámica de Liga F e con moito ritmo de xogo”.

Para rematar, dous partidos focalizan a atención da derradeira xornada en Primeira Galega. At- Arousana-Sárdoma B, no que os dous loitan pola permanencia, e Sp. Cambre-Umia, no que o fan as de Barrantes. No episodio falaron Sindo Gómez, técnico do Sárdoma, Beli, guardarredes arousanista, e Álvaro Gómez, técnico das viquingas. Os tres esperan celebrar a salvación ás nove da noite do domingo, pero só poderá facelo unha destas tres persoas.