In The Corner 9 xullo de 2021

Programa: 
A Bancada
Bibiana Santiso.A terra,o balón mais elas.

O último programa da temporada de "In The Corner" recolleu a actualidade do mercado, que por estas alturas presenta máis baixas que fichaxes concretados, o ERE do Deportivo e entrevistou a dous representantes dos equipos ascendidos de Segunda a Primeira División Galega, nomeadamente, Gabi Couñago, técnico do Lóstrego, e David Iglesias, coordinador do Bergantiños. A segunda parte estivo dedicada ao fútbol e a cultura, coa presentación da autobiografía de Megan Rapinoe, capitá da selección dos Estados Unidos, titulada "One Life", comentada por Óscar Losada e, no feche, entrevistamos a Bibiana Santiso, que xunto con Orlando Iglesias, dirixiron, ao longo do mes de xuño, as I Xornadas "A terra, o balón mais elas", facendo que o fútbol feminino tamén se xogue alén dun campo de fútbol.