ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

A cultura non é só patrimonio, identidade ou lecer. É tamén emprego, innovación e motor económico. As chamadas industrias culturais e creativas representan un dos sectores que máis emprego xeran na Unión Europea.
Neste 21º programa de Conexión Europa queremos entender como se mide o peso económico da cultura, que papel xogan as políticas culturais europeas, galegas e interrexionais, e como se traduce todo isto en proxectos concretos sobre o territorio.
Falaremos disto con Lluís Bonet, profesor da Universitat de Barcelona e experto en economía, xestión e políticas culturais, cunha longa traxectoria de colaboración en proxectos de investigación europeos sobre cultura e patrimonio. O noso compañeiro de RTV Cardedeu, Jordi Mariscot, falará con el de como se entende hoxe a industria cultural e creativa, que papel outórganlle as políticas europeas e por que investir en cultura é tamén investir en cohesión territorial.
Que vos parece si coñecemos agora un proxecto que non só fomenta a cultura, a creación artística e as posibilidade de emprego no sector cultural grazas ás achegas dos fondos POPTEC da UE, senón que ademais o fai a través da cooperación entre Galicia e Portugal?.
Un proxecto que pretende que a Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, sexa unha referencia en Europa na Cooperación transfronteiriza, neste caso no ámbito da cultura.
Trátase do proxecto NORTEAR, ten como obxectivos a mellora da calidade de vida dos seus cidadáns a través da promoción conxunta da creación artística, a mellora do coñecemento recíproco e a circulación da cultura por medio de redes colaborativas. Para coñecelo imos conversar con Cristina Rubal, coordinadora de Actividades no proxecto Nortear da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Esta é Unha produción de EMUGA no marco do proxecto Conexión Europa, apoiado pola DG REGIO da Comisión Europea. Síguenos para coñecer máis sobre a política europea de cohesión en Andalucía, Galicia e Cataluña.