Cultura: escena local e corpo técnico. Con Sés

Programa: 
Rúa Revolta

No episodio deste mércores de Rúa Revolta falamos coa cantautora galega Sés acerca da volta aos escenarios nun contexto de crise sanitaria, das súas vivencias como artista e do traballo detrás das xiras. 

Rúa Revolta é un podcast e programa de radio que pode ser escoitado en Radio Fene (13:35 e 14:35h de luns a venres) e en Radiofusión (20h de luns a venres). Conducido por Uxía Castro.