Desigualdade no deporte

Programa: 
Onda ODS

O plan piloto 8M2021: Elas+fútbol é un estudo elaborado en colaboración coa Universidade da Coruña con entrevistas a mulleres que traballan no eido futbolístico da provincia dende equipos ata xornalistas, fisioterapeutas, árbitras etc. Os seus resultados amosan as desigualdades de xénero aínda presentes no mundo do fútbol. Así, o 82,5% das enquisadas sufriron ou presenciaron machismo no seu posto de traballo.