Diálogo coa película francesa La Maisón de fondo

Programa: 
Sardiñas e xurelos

A prostitución é un tema moi complexo. Pero a película carece de forza dramática para axitar conciencias.  Resulta por momentos "morna" en canto á súa ética política e non emociona. A prostitución no 95% dos casos vai ligada á "trata de mulleres", formas de esclavismo e de explotación do máis horroroso. Mulleres que traen de África ou de Latinoamerica, engañadas e que logo son esclavizadas para realizar a prostitución para saldar una presunta débeda e con amenazas para a súa familia no pais de orixe. E iso non aparece nunha película que non é erótica nin sensual, fala da prostitución, dun sexo ética e moralmente detestable.

Enfoque sen prexuízos nin xuízos morais.
A directora non xulga ás súas protagonistas. A cinta busca deconstruír o misticismo e os tabús arredor da prostitución, humanizando e dignificando ás mulleres que a exercen. Destaca a sororidade e forza colectiva: Retrátase a relación entre as compañeiras do bordel berlinés (La Maison). Amosase un grupo unido e forte, convertendo o salón nun espazo de apoio mutuo e complicidade feminina.

A película ten unha factura visual moi coidada, cun manexo elegante dos encuadres, a iluminación e a sensualidade, logrando provocar ao espectador sen caer no pornográfico nin no puramente morboso.

Ambigüidade e falta de valentía
A película queda en terra de ninguén, movéndose nunha ambigüidade entre a glorificación do oficio e a denuncia, sen chegar a ofrecer un enfoque realista nin contundente. Ten tamén un ritmo irregular que as veces cae na monotonía. O metraxe vólvese monótono e estirase innecesariamente en varios tramos o que perxudica á tensión narrativa.

Preme aquí para escoitar o episodio de "Sardiñas e xurelos" sobre La Maison:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/220926SARDINA.mp3