ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Hai unha densidade aquí tan grande como en Inglaterra, porque o noso pobo foi moi maltratado pola historia e as reviravoltas eran en moitas ocasións unha arma de defensa diante dos impostos abusivos e de tanto atropelo”. “Eu mesmo teño máis humor do que aparento, e admiro moito aos humoristas, xente moi intelixente, que ven os calcetíns do revés e nos revelan todo”. Os animais non rin, ou cando menos, nós cremos que non rin, pero o ser humano ten que fuxir do humor cruel, ácido e terrible. Gústame o humor á inglesa e á galega: “Por un lado xa ves e polo outro que queres que che diga” é toda unha declaración de principios, unha demostración de cintura. O humor non é máis que unha mistura de cultura e de intelixencia, indicaba Ramón de la Serna.
Un editor ten que ser moi valorado, porque del ven a nosa cultura e o mundo tipográfico é onde se asenta a cultura colectiva dun pais, apunta Xavier Seoane. Un libro difícil de clasificar canto a xénero, onde se mistura a poesía, o ensaio e moitas outras cousas. A Arcadio López Casanova parécelle un volume
transversal. “E un mosaico con moitas teselas que en composición amosan a imaxe do pais”. “Utilicei a
ironía e o humor para falar o que me petaba, de calquera palabra, dos tópicos de Galicia” indica o escritor. “Este é o libro galego máis orixinal e atractivo dos publicados o pasado ano” afirma o editor Manuel Bragado. “Palabras que, como as pedras no medio dun regato, serven para atravesar ese caudal de vida que é Galicia, e nomeadamente, a súa cultura”. Fala así Ramón Rozas no xornal El Progreso do “Dicionario irreal para un país imposible” de Xavier Seoane publicado por Xerais. Falamos
no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión deste libro. Participaron Esther Val, Antonio Tizón, Henrique Sanfiz e Xavier Seoane.
Fotografía: Xan Xe Corral