Dirixirse especificamente á poboación inactiva

Programa: 
Vilanova
Centro de Saúde de Fene

Combater a inactividade e impulsar hábitos de vida saudables contribue a aforrar recursos no sistema sanitario, segundo o psicólogo e monitor deportivo José Barcia. A administración debe dirixirse especificamente a poboación inactiva con maiores dificultades para acceder á práctica deportiva.

O deporte é unha ferramenta para transformar a sociedade, unha vez que ofrece melloras no ámbito social, físico, psicolóxico e emocional. Convírtese nun factor de superación da desigualdade, mellora da calidade de vida e evita o risco de exclusión e  aillamento. Pálpase un cambio nas políticas deportivas, adaptandose a novas realidades sociais e concebindo a práctica da actividade física como un dereito da sociedade, poñendo en valor os seus beneficios terapeúticos e sociais para a mellora da calidade de vida.

Proposta en Eibar

O Goberno vasco, a deputación de Gipuzkoa e o Concello de Eibar colaboraron na criazón dun servizo para incentivar a práctica deportiva. O programa Mogidu tratará de combater a inactividade con hábitos saudables. Participan os Centros de sáude, Servizos Sociais e centros educativos para identificar ás persoas inactivas. Un orientador no centro de saúde tratará cada caso individual propoñendo programas de actividade e realizando un seguemento e avaliación. Trátase dunha iniciativa presentada en novembro de 2018.

 

Máis información en El Diario Vasco

Escoita aquí a José Barcia no programa Vilanova de Radio Fene