Dixital sen distancias

Programa: 
Conexión Europa

Conversamos con Jesús Herrero, director xeral de Red.es, sobre os principais retos e oportunidades da dixitalización, o papel dos fondos europeos neste proceso e as iniciativas que contribúen a acelerar a transformación dixital das administracións, as empresas e a cidadanía.

Coñeceremos un proxecto no que a dixitalización e a Intelixencia artificial é fundamental. Unha iniciativa na que participa a Universidade da Coruña, o proxecto IAPSI (Intelixencia Artificial e Automatización Aplicadas a Produtos Sostibles de Alto Valor Engadido a partir de Insectos). Este proxecto que busca mellorar a eficiencia, a sustentabilidade e a trazabilidade do proceso de cría de larvas da “mosca negra”. Un proceso que pode ser transferible a e aplicable a moitos outros tipos de explotacións, xa que contará con modelos de predición, ferramentas dixitais e estratexias de eficiencia enerxética e de recursos para reducir a pegada hídrica e de carbono.

Un exemplo de como a Unión Europea impulsa a innovación tecnolóxica e a dixitalización para construír unha economía máis competitiva, uns servizos públicos máis eficientes e unha sociedade máis conectada.

Porque a transformación dixital non é só unha cuestión de tecnoloxía, senón tamén de mellorar a vida das persoas, xerar novas oportunidades e avanzar cara a un futuro máis inclusivo e sostible.

Unha produción de EMUGA no marco do proxecto Conexión Europa, apoiado pola DG REGIO da Comisión Europea.