Educación: a escola infantil. Con Ángela Reis

Programa: 
Rúa Revolta

Na semana da educación en Rúa Revolta a segunda das tres expertas entrevistadas é Ángela Reis, mestra de educación infantil que nos contará cal é o papel do primeiro ciclo do sistema educativo e como pensa ela que as familias inflúen na socialización das crianzas. 

Rúa Revolta é un podcast e programa de radio que pode ser escoitado en Radio Fene (13:35 e 14:35h de luns a venres) e en Radiofusión (20h de luns a venres). Conducido por Uxía Castro