Educación: o ensino primario. Con Ana Pérez

Programa: 
Rúa Revolta

Na semana da educación en Rúa Revolta a terceira e última das expertas entrevistadas é Ana Pérez, mestra de educación primaria premiada en numerosas ocasións polas súas boas prácticas e métodos de ensino igualitario nas aulas, ás cales intentará achegarnos neste programa. 

Rúa Revolta é un podcast e programa de radio que pode ser escoitado en Radio Fene (13:35 e 14:35h de luns a venres) e en Radiofusión (20h de luns a venres). Conducido por Uxía Castro.