Educación: o papel da orientación. Con Luísa Abad

Programa: 
Rúa Revolta

Na semana da educación en Rúa Revolta a primeira das tres expertas entrevistadas é Luísa Abad, orientadora e asesora en educación que nos contará como desde a Administración están a cambiar as cousas coa fin de que a educación pública sexa un chisco máis igualitaria e que aspectos pensa ela que cómpre incluír no currículo educativo. 

Rúa Revolta é un podcast e programa de radio que pode ser escoitado en Radio Fene (13:35 e 14:35h de luns a venres) e en Radiofusión (20h de luns a venres). Conducido por Uxía Castro.