Elisa Patiño

Programa: 
Mulleres emprendedoras

Elisa Patiño y Meléndez naceu en Pontevedra en 1890, nunha familia acomodada. Foi unha moza intrépida e aventureira.. En 1913 decide acompañar a un dos primeiros pilotos galegos, José Piñeiro, nun dos voos que saían do areal de Sanxenxo. No outono dese ano decide guiar ela mesma o aeroplano. (Do libro Pioneiras 2, de Anair Rodríguez e ilustracións de Abi Castillo. Xerais)