Encanta se ri,... Anxos García e Glafira Fernandez

Programa: 
Club de lectura
Clube de leitura de Radio Fene Radiofusión

 A literatura e as artes audiovisuais poden establecer un diálogo arrequecedor e necesario, util para a divulgación de contidos culturais e de experiencias artísticas. É moi importante contar con material audiovisual para o traballo docente, afirma a investigadora Anxos Garcia Fonte. Cada unha das seccións do caderno vai precedida dunha explicación á que segue unha variada proposta de exercicios e actividades. A produción cinematográfica de A Rosa Incandescente resultou ser unha fonte inesgotable de posibles recursos educativos que se poderían concretar en novos camiños para explorar. A Rosalía intelectual complementa á Rosalía artista. Son dúas facetas da mesma persoa, segundo a profesora Glafira Fernández. Propoñen exercicios variados, comparando a lingua de Rosalía co galego actual, ou aprofundando na situación da escritora como muller literata incomprendida no século dezanove. Tamén propostas abertas para que alumnos e alumnas investiguen e transiten por un camiño aberto aínda por explorar. A maioría dos colaboradores gustoulles a idea e embarcáronse no proxecto. É un soño feito realidade. 
A vontade cívica de compromiso coa terra e o pobo da autora de Follas novas exprésase con claridade cando di que o poeta non pode prescindir do medio en que vive nin ser alleo ao seu tempo. A curtametraxe e a mesma obra de Rosalía reflexan a sociedade da época. Iso é moi relevante. Rosalía de Castro ofrece unha imaxe complexa e coherente que presenta Galicia como o conxunto de territorio, pobo, lingua, cultura e tradición histórica digno de respecto e admiración que se acabará convertendo no referente do galeguismo do século XIX e XX. Este é un libro pensado para profesores. Tenta ofrecerlles material para traballar cos seus alumnos.  A curtametraxe A rosa incandescente presentarase no mes de febreiro.