ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Despois de tomarnos o tempo xusto e necesario para dixerir Ao sur da liberdade, a primeira entrega da triloxía sobre a estirpe do galego Banu Marwán, chéganos a segunda parte da serie elaborada por Xosé Henrique Costas baixo o título Entre a vontade e o destino. Nesta segunda entrega, mergullámonos nunha sociedade conflitiva na que abondan as tensións das diversas faccións sociais, políticas, étnicas e relixiosas. Vemos como estas condicionan a vida das persoas e personaxes que desfilan por este relato histórico dun clan galego nunha época tan remota como convulsa. Ao final desta segunda entrega, igual ca na primeira, aparece un índice toponímico, outro onomástico e un glosario de arcaísmos, arabismos, dialectalismos e voces de uso pouco común.
Na imaxe Xosé-Henrique Costas no club de lectura de Son Radiofusión
Fotografía Xan Xe
Conversa con Henrique Costas sobre Entre a vontade e o destino:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/160125COSTAS.mp3