Estar queimado

Programa: 
Vilanova

A síndrome Burnout é un trastorno de nova adquisición por parte da OMS que está a punto de incluílo no seu listado de enfermidades. Trátase da síndrome de desgaste ou estrés profesional que provoca un deterioro físico e psicolóxico a quen o padece. Comunmente coñecémola como a síndrome de “estar queimado”. O psicólogo José Barcia descríbeo desta maneira: “As persoas notan apatía, que xa non teñen interese polo seu traballo, están saturadas pola situación e ese estrés tan grande repercute en todos os aspectos da súa vida”.