Evitar os residuos mariños. Onda Climática

Programa: 
Onda ODS

Cabichas, envases de alimentos ou elementos relacionados coa pesca son algúns dos milleiros de residuos que acaban no mar e que ameazan de xeito moi intenso aos ecosistemas terrestres e mariños, ademais da saúde humana. A meirande parte dese lixo está a provocar problemáticas ambientais moi graves que resulta necesario mitigar e reverter.