ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Para a autora, é un acto de vontade ver a beleza para sobrevivir. “Se algo puxo de manifesto a pandemia foi o recurso da cultura como refuxio, a cultura que ten a beleza como bandeira” declarou Novo no noso club de lectura ao que a convidamos sen saber que nos deixaría un chute de optimismo. Nós prantexamoslle que a poesía é terreo fértil para o dramatismo. Ela contesta que o título da súa obra bota por terra esa idea, consciente de que hai certa pose de malditismo e de melancolía na idea que se ten do poeta. Ela non, ela concibe este poemario como "a alegría de vivir”, neste caso a alegría da creación da vida, da maternidade. “Nunha cultura nosa que mira moito cara á morte, hai que celebrar a vida, o amor, a existencia”. Confesa Olga Novo que este é o aspecto central da obra.
Prantéxao como o cruce dunha vida que empeza e outra que está a piques de acabar. “Celébrase o ciclo da existencia”, convencida de que as persoas só desaparecen na súa materia individual. O ser sigue vivindo a través da súa descendencia e a través da memoria. “Ese é o corazón deste libro” insiste Novo quen, agradecendo o premio recibido, ela que non se presenta a premios, cre que é interesante desde o punto de vista do sistema literario. “O mellor é que se conceda a unha obra escrita en galego, desde a periferia”.Para Olga Novo ser poeta é unha maneira de situarse no mundo e de miralo desde unha posición sensible, especial. “A poesía é máis que un xénero litera-rio, se é que é un xénero”. Coincidiremos con ela as mulleres en que o embarazo é un momento pletórico.
(Participan no club de lectura: Andrés C.M. Riveira, Esther Val, Ana Varela e Henrique Sanfiz)