Fingoi, un colexio diferente con vocación galeguista

Programa: 
O ofício de escrever
Martiño Montero en Radio Fene

En 1950 o empresario lugués e galeguista Antonio Fernández funda o colexio Fingoi. El, que apoiou moitas iniciativas culturais como a editorial Galaxia ou a Fundación Penzol,  tivo a idea de facer un colexio diferente aproveitando o resquicio que deixaba a lei nese momento. Tiña moitos fillos e, quizás, o primeiro interés fose personal pero quería que o alumnado se formase na realidade galega. “Aprendían gaita, teatro, agricultura…” explícanos o teólogo e lingüísta, Martinho Montero Santalla, autor de “Carvalho Calero e a súa obra”.

Carvalho Calero entra en escena cando Antonio Fernández lle propón dirixir o colexio no ano 1950. Ao profesor ferrolán véulle moi ben a oferta porque estaba malvivindo en Ferrol dando clases particulares a consecuncia da condea de prisión primeiro e prisión provisional despois, por ter participado na guerra como tenente no bando leal á República. Por ese motivo non podía exercer como fundionario no ensino público pero sí no privado. A presencia de Carvalho Calero en Lugo entre o ano 1950 e 1965, no que xa puido incorporarse á Universidade de Santiago, léva a Martinho Montero a falar dunha obra moi importante que mesmo é referencia de universidades extranxeiras á hora de estudar e afondar no idioma galego.

“Contos populares da provincia de Lugo” ven ser o resultado dunha práctica escolar do colexio Fingoi e, de novo, unha iniciativa de Antonio Fernández. “O alumnado acudía a unha finca que o empresario tiña en Sarria para entrar en contacto co agro e co gando. Daí parte a iniciativa de recopilar contos populares durante dez anos” afirma Montero Santalla, quen cifra en 300 os contos recopilados na primeira edición do ano 1962 que se esgotou moi rápido. A segunda é máis reducida. Carvalho Calero coordinou e ordenou ese libro que recolleu críticas moi favorables e foi usado como material de uso lingüístico.